21 dic 2011

TEATRIÑO DE SOMBRAS

Asi de ben quedou a representación de EL ERIZO de Editorial Thule.


Moitas grazas a...
NICOLÁS de 3 anos
SARA de 4 anos
NAYARA de 5 anos
...por un traballo tan ben feito!!!!!!

7 dic 2011

O OURIZO

Estamos preparando un teatriño de sombras baseado no libro "EL ERIZO" de Thule ediciones para representar no festival de Nadal.



30 nov 2011

XOGAMOS CO NARIZ

Neste tempo de catarros é importante saber soarnos sós para ter limpo o nariz e facer unha respiración nasal e non bucal.




29 nov 2011

CHOVE

Na aula de 3 anos aprendemos unha canción para cando chove na que temos que imitar o son da choiva golpeando cun dedo a palma da nosa man.
Se queredes cantala connosco premede no video.


VENTOS

Poema recitado e ilustrado polos nenos e nenas da aula de 5 anos


14 nov 2011

VENTOS DE OUTONO

Un xogo de sopro.

Compoñemos unha árbore, parte por parte, a herba onde medra, as raíces no chan, o tronco subindo ao ceo, as pólas no alto e por último as follas secas a piques de voar e caer co vento do outono.


Nós somos o vento e sopramos e sopramos ata deixar a árbore núa.

29 oct 2011

XOGO DISCRIMINACIÓN AUDITIVA

Aquí vos deixo unha actividade LIM que elaborei para o traballo da discriminación auditiva.O xogo consiste en recoñecer sons do bosque, tanto de fenómenos naturais, de intervención do home como de animais. Tamén se traballan palabras clave, crebacabezas e simetrías.
Para xogar a pantalla completa tedes que premer na icona da parte superior dereita, a que está o lado do altavoz.
Para pasar páxina premede na frecha. E para a avaliación dalgunhas actividades, na icona con forma de "V" que aparece na parte inferior.
Espero que vos guste.
A xogar!!!!

27 oct 2011

SONS DO SAMAIN

No Taller de Linguaxe Oral para festexar o Samaín elaboramos un libro-xogo co que traballamos e xogamos cos nomes e onomatopeas dalgúns personaxes de terror.
Pasámolo de medo!


5 oct 2011

MOSCAS

Fixemos unhas moscas para xogar con calamito o camaleon.
As pegamos nuns depresores que nos valen para axudar á língua a moverse.


22 sept 2011

CALAMITO

Na aula de 4 anos xogamos co libro despregable ¿UN CARACOL? da Editorial Edelvives na que uns animais vanse transformando noutros ata chegar ó camaleón Calamito a quen lle cantamos unha canción.
O camaleón pareceunos un animal interesante. Ten unha língua moooooi longa coa que atrapa as moscas para comelas.
Nos probamos como sería iso transformándonos en camaleóns e practicando coa nosa língua a atrapar as moscas que se nos pousaban pola cara; no naris, no queixo, na meixela dereita, na esquerda...
Pillámolas todas!!!!



21 sept 2011

OS PEIXIÑOS DE 3 ANOS

Cantamos o conto dun PEIXE MOI DIVERTIDO da Editorial Combel cos nenos e nenas de 3 anos.
Pintamos o peixe de azul e amarelo e bailamos a canción de MAMÁ CABRA  facendo os xestos.
Encántanos a música!!


20 sept 2011

UN CURSO NUN BOSQUE ANIMADO

Abride os ollos, as orellas e as bocas ...
xa comezamos a andadura polo noso bosque animado!!!!


20 jun 2011

RECOMENDACIÓNS LINGUAXE

INSTRUMENTOS MUSICAIS

Durante este curso xogamos con moitos instrumentos musicais e así traballamos a audición, a discriminación auditiva, o ritmo, a coordinación motriz, a atención, a memoria, as cualidades do son, a acción conxunta, a relaxación...

16 jun 2011

UN PEIXE MOI DIVERTIDO

Seguimos á voltas coa língua no proxecto da auga.
Traballamos e nos divertimos co libro da Editorial COMBEL
"UN PEZ MUY DIVERTIDO".


Cantamos o conto coa letra e música do grupo MAMA CABRA

Tamén o bailamos seguindo unha coreografía.

Neste vídeo podedes ver como o canta Susa Herrera, colaboradora de MAMA CABRA.

6 jun 2011

5 jun 2011

XOGANDO CO RITMO

Traballamos a intensidade do sonido.

Tocando sons fortes e frouxos co pandeiro.

E representado ritmos formados por sons fortes e frouxos.


30 may 2011

CARA DE ...

Traballamos as expresións faciais e así movemos a musculatura das meixelas, beizos, língua, mandíbulas...

Son órganos que temos que exercitar porque se están débiles non teñen a suficiente tensión para que os nenos e nenas articulen os fonemas que esixen un maior control da língua, beizos e respiración.

Tamén debuxamos a nosa cara ó facer as expresións para tomar conciencia da posición dos órganos.

10 may 2011

PEIXIÑOS

Estamos elaborando un peixiño para traballar o sopro e facer carreiras de peixes.
A ver quen sopra máis forte e fai que o seu peixiño nade máis lonxe!

9 may 2011

PEIXIÑOS PEQUENIÑOS, MEDIANOS E GRANDES

Os nenos e nenas de Barrionovo vos recitan a poesía do PEIXIÑO PEQUENIÑO inspirada nunha canción de
MAMÁ CABRA que traballamos con motivo da visita á
CASA DOS PEIXES.
AULA DE 3 ANOS


AULA DE 4 ANOS


AULA DE 5 ANOS

11 abr 2011

CANTA CONNOSCO

Os nenos e nenas de 5 anos cantan DIME QUE FIXECHES, unha canción do grupo MIGALLAS.
Trátase dunha canción motriz e acumulativa na que salen moitos animais.
Hai que ter boa memoria xa que temos que recordar o seu nome, a orde na que salen e facer un xesto por cada animal.
Tentádeo e veredes que divertido!!!
Se queredes escoitar a canción orixinal cantada por MIGALLAS premede aquí.

13 mar 2011

REPRODUCIMOS SECUENCIAS RITMICAS

Xogando con secuencias rítmicas traballamos, ademais do ritmo, a percepción e discriminación auditivas, a memoria, a atención… aspectos fundamentais para o correcto desenvolvemento da linguaxe.

20 feb 2011

MAXIA COA BOCA

Na aula de 4 anos fixemos maxia!!!
Levantamos un anaco de papel e o sostivemos no aire sen empregar as mans.
Queredes saber o truco?
Aspirando por unha palliña como facemos ó beber.
Probádeo na casa e veredes como funciona.


10 feb 2011

"SSSSSS" FAI O ANANIÑO

Actividade realizada polos nenos e nenas da aula de 5 anos no Encerado Dixital Interactivo resultado do traballo co fonema /s/ e as cousas que pensaron e debuxaron con ese son.

O SON DO SILENCIO

Na aula de 3 anos traballamos o fonema /s/


Material empregado: "Lotos fonéticos" da Editorial CEPE

8 feb 2011

POÑENDO CARAS

Realizamos praxias buco-faciais que son movementos que axudan a exercitar e traballar os órganos que interveñen na articulación dos fonemas: boca, língua, beizos, meixelas, etc.

2 feb 2011

ANANIÑO

Os mércores ven xogar con nos o ananiño que nos axuda a  pronunciar correctamente os fonemas (sonidos das letras)

XOGAMOS COA BOCA

Cun tubo e unha pelotiña de papel exercitamos a forza do soplo