30 may 2011

CARA DE ...

Traballamos as expresións faciais e así movemos a musculatura das meixelas, beizos, língua, mandíbulas...

Son órganos que temos que exercitar porque se están débiles non teñen a suficiente tensión para que os nenos e nenas articulen os fonemas que esixen un maior control da língua, beizos e respiración.

Tamén debuxamos a nosa cara ó facer as expresións para tomar conciencia da posición dos órganos.

10 may 2011

PEIXIÑOS

Estamos elaborando un peixiño para traballar o sopro e facer carreiras de peixes.
A ver quen sopra máis forte e fai que o seu peixiño nade máis lonxe!

9 may 2011

PEIXIÑOS PEQUENIÑOS, MEDIANOS E GRANDES

Os nenos e nenas de Barrionovo vos recitan a poesía do PEIXIÑO PEQUENIÑO inspirada nunha canción de
MAMÁ CABRA que traballamos con motivo da visita á
CASA DOS PEIXES.
AULA DE 3 ANOS


AULA DE 4 ANOS


AULA DE 5 ANOS