30 nov 2011

XOGAMOS CO NARIZ

Neste tempo de catarros é importante saber soarnos sós para ter limpo o nariz e facer unha respiración nasal e non bucal.




29 nov 2011

CHOVE

Na aula de 3 anos aprendemos unha canción para cando chove na que temos que imitar o son da choiva golpeando cun dedo a palma da nosa man.
Se queredes cantala connosco premede no video.


VENTOS

Poema recitado e ilustrado polos nenos e nenas da aula de 5 anos


14 nov 2011

VENTOS DE OUTONO

Un xogo de sopro.

Compoñemos unha árbore, parte por parte, a herba onde medra, as raíces no chan, o tronco subindo ao ceo, as pólas no alto e por último as follas secas a piques de voar e caer co vento do outono.


Nós somos o vento e sopramos e sopramos ata deixar a árbore núa.