29 mar 2012

FIN DE TRIMESTRE


Boceto da portada dos traballos do Taller realizado co SMART polos nenos e nenas de 3 anos.

27 mar 2012

QUE CAMBIOU?

Elaborei esta actividade SMART para rematar o trimestre. Con ela traballamos a atención, a memoria e o vocabulario relacionado co proxecto.
Aquí tedes a actividade en PDF por se queredes xogar na casa.
Fixádevos ben nos debuxos...q cambiou?

26 mar 2012

CADA MOUCHO Ó SEU SOUTO

Un xogo de sopro.


Este xogo consiste en xuntar as parellas escollendo o camiño apropiado.
E como non! soprando!
Esta vez tocou levar cada animal da fraga á súa casa.
Non se perdeu ningún!

21 mar 2012

O CUCO

Aquí está o audiovisual deste poemiña realizado coas voces e os debuxos de nenas e nenos da aula de 3 anos.

20 mar 2012

CANTA O CUCO

Xa chegou a primavera e con ela han de vir novas cores, olores, sons... e tamén moitas aves de volta da súa migración.
Unha delas é o CUCO, que regresa polo mes de marzo e o seu canto anuncia o cambio de estación. Resultounos unha ave moi graciosa e orixinal. Gústanos que non tódolos paxaros digan PIO, PIO.
Con este poema do cuco ademáis de traballar a atención, a memoria, a articulación, a pronuncia do fonema /k/ e a fluidez verbal, aprendemos un novo canto de paxaro...

CUQUÍ, CUCÓ
CUQUÍ,CUCÁ







17 mar 2012

TECLADO


Esta semana no Taller TIC traballamos co teclado escribindo nun documento WORD os nosos nomes e números de lista. Para esta actividade localizamos e empregamos as teclas das letras, números, barra espaciadora, borrar e enter.
Aquí nos tedes traballando moi concentrados.

14 mar 2012

PARELLAS

Estos días estivemos xogando ás parellas de asociación. Repartimos unha tarxeta con un debuxo para cada un e como bos detectives observamos, investigamos e buscamos ao compañeiro ou compañeira que tiña a nosa parella. Despois explicamos por qué formamos parella e a relación entre os nosos debuxos.
Topamos todas!!!!!
E nos explicamos moi ben.


Noutra sesión do Taller pensamos outras parellas novas de asociación e fixemos as nosas propias tarxetas.
Na aula de 5 anos elaboramos con elas un libro-xogo que quedou na biblio da aula para xogar con él canto queiramos.


12 mar 2012

TRABALLAMOS O SOPRO CON INSTRUMENTOS MUSICAIS

Aproveitando a motivación e o interese tan grande que o concerto da Sinfónica lles provocou pola música e os instrumentos musicais estivemos realizando exercicios de respiración e sopro con instrumentos de vento.
Resultou moi divertido aínda que algúns era un pouco difícil facelos soar!!!