30 may 2012

TRANSFORMACIÓNS

Así de bonitas quedaron as fotos ao estilo KLIMT.
Unha vez editadas, recortadas e asinadas as imprimimos en branco e negro.
Despois actuamos libremente sobre elas cos materiais a nosa disposición.
Nós, como KLIMT, tamén somos uns artistas!

FOTOS 3 ANOS

FOTOS 4 ANOS

FOTOS 5 ANOS

29 may 2012

A VIDA DO BOSQUE II

Para seguir aprendendo cousas dos bosques mentres xogamos.
Premede na imaxe para entrar no xogo.

24 may 2012

TRABALINGUAS


Aprendendo e repetindo trabalinguas melloramos a vocalización, a pronuncia e a fluidez da nosa fala.
Tamén nos divertimos vendo como nos trabamos e aprendemos a aceptar os nosos erros e os dos demais.

20 may 2012

14 may 2012

VACA

Traballamos as praxias (movementos da boca, língua e mandíbula) coa axuda desta vaca.

10 may 2012

KARAOKE DO GRILO

No Taller de Linguaxe Oral aprendimos unha canción do grupo FOL DO VENTO que fala dun grilo que non para de cantar.

Resultounos moi graciosa e ata nos atrevimos cun karaoke.

9 may 2012

FOTOS ESTILO KLIMT

No Taller TIC estivemos a traballar coa cámara de fotos.


Xa que estamos aprendendo moito de KLIMT probamos a sacar fotos ao seu estilo, retratando o que viamos a través dun marco.


Os de 5 anos "enmarcaron" os exteriores do Museo de Belas Artes. Os de 4 anos bodegóns que realizaron con teas, un tronco e outros marcos. E os de 3 anos o horto da escola.
Neste video podedes ver unha mostra destas fotos tan artísticas.

3 may 2012

O XOGO DO GRILO


Quen non escoitou cantar o grilo nun paseo polo campo? O difícil é topalo!
Diso trata este xogo de audición e discriminación auditiva no que repartimos tarxetas con animais que cada un garda en segredo no seu peto. Ao son da campá todos os animais comezan a "falar". Entre todos eles se agocha o grilo.
CRI CRI CRI CRI
Quen o ten no seu peto?