Actividade deseñada para o traballo da percepción visual, da atención e do razoamento.
Detrás da cortina escóndense imaxes da prehistoria traballadas nos BITS.
Abrimos a cortina pouco a pouco e temos que descubrir polo anaquiño que se ve de que imaxe se trata.
Actividade LIM de elaboración propia deseñada para o traballo da discriminación auditiva e do vocabulario do proxecto.
Actividade deseñada para o traballo da discriminación e conciencia fonética e fonolóxica.
Na caverna deste clan soamente poden entrar as palabras que conteñan un fonema determinado. Así que temos que fixarnos ben nelas para escoller as que nos valen.
Actividade LIM, elaborada pola Escola de Casalonga, na que temos que discriminar palabras de sonoridade moi parecida.