Rematamos setembro co comezo do noso REFRANEIRO MARIÑEIRO.
A aprendizaxe e repetición de refráns, lerias, poemas, trabalinguas... reforza a atención e memoria, mentras que mellora a nosa fluidez verbal e facilita a adquisición de vocabulario.
Circuito de sopro elaborado aproveitando a gamela que empregamos para a realización do VIDEOCLIP "CANTOS RODADOS" , un anaco de cartón e unhas bolsas de plástico.
Fixemos avanzar a gamela entre as ondas grazas ao control e direccionalidade do noso sopro.
Esta semana, no Taller de Linguaxe Oral, completamos a andaina iniciada arredor do poema de Antonio García Teijeiro que nos regalou a biblioBN, "CANTOS RODADOS". Centrámonos no traballo deste fermoso tema musicado polo grupo de música infantil MAMÁ CABRA.