26 nov 2013

XOGAMOS COS SONS DO MAR

Actividade SMART deseñada para o traballo da audición, discriminación e memoria auditiva no EDI.


Premendo en cada un dos debuxos da parte inferior (caracola, estrela e cuncha) escoitaremos un son.
Despois de escoitar atentamente os tres, teremos que decidir onde se atopa o correspondente á imaxe.


20 nov 2013

SUSPIROS DE MINCHA

Estamos a traballar con esta rima con sabor a mar.
Na biblioBN buscamos no lugar dos libros con música o libriño de RIMAS de EVEREST GALICIA.


Lemos a rima e localizamos todos os mariscos que aparecen nela.


A repetimos e facemos a ficha para axudarnos na memorización.


E así de ben a recitamos.


17 nov 2013

QUE DISPARATE!

No Taller de Linguaxe Oral desta semana aprenderemos este recitado tan disparatado.




 
 
Texto extraído de RIMAS de EVEREST GALICIA
 
http://www.everest.es/sellos-editoriales.aspx
 

11 nov 2013

POLO SAN MARTIÑO...

Xogo de sopro para o magosto.


Imprimimos a plantilla das castañas nunha cartolina, pintamos e recortamos.
Dobramos o rectángulo que serve de base.
Poñémolas de pé e agora só falta empezar a xogar!
Sopramos moi forte e intentamos tirar o maior número de castañas para o noso particular magosto.

 
Mirade que ben o facemos!
 

7 nov 2013

XOGOS DE ATENCIÓN ONLINE


A atención é un requisito indispensable para a aprendizaxe.
Se non mantemos atención non captamos a información, non entendemos, non aprendemos.
Pero non só para a aprendizaxe escolar precísase atención; tamén para as relacións sociais.
Necesitamos prestar atención cando alguén nos fala, para entender o que nos dí, para preguntarlle ou pedirlle indicacións ou simplemente para saber cando intervir nunha conversa.
Por iso a atención é tan importante.
Porque para vivir precísase atender e entender.
E sen atención todo pode resultar moito máis difícil.

4 nov 2013

OUTUBRO

Continuamos co noso refraneiro mariñeiro.


Imaxe do refrán extraída do AQUARIUM FINISTERRAE.



A aprendizaxe e repetición de refráns, lerias, poemas, trabalinguas... reforza a atención e memoria, mentras que mellora a nosa fluidez verbal e facilita a adquisición de vocabulario.