25 feb 2014

GRAZAS BÁRBARA E PATRICIA!

Hoxe despedimos a Bárbara e Patricia que estiveron a realizar, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS que xa finaliza.


Como mostra de agradecemento por todas as actividades que realizaron para nós, lles entregámos un pequeno agasallo.



OS NENOS DE MADEIRA

Conto deseñado e desenvolvido por Bárbara e Patricia, que están a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.


Mediante o conto "OS NENOS DE MADEIRA" exercitamos a relaxación, respiración, praxias, voz e vocalización.


E, por suposto, tamén nos divertimos!

23 feb 2014

ANANIÑO

Co ANANIÑO traballamos a discriminación e pronuncia dos sons do idioma, xa sexa illados ou ben dentro das palabras.


Esta semana trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB, no que tiñamos que atopar e clasificar palabras que contiñan un fonema determinado.


Con esta actividade reforzamos a conciencia fonolóxica necesaria para solucionar ou previr dificultades da fala e de lectoescritura.


18 feb 2014

QUE SUENA?

Actividade de discriminación auditiva deseñada e desenvolvida por Patricia, que está a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.


Con este xogo traballamos a identificación de sons e discriminación da súa intensidade.

17 feb 2014

UN MAR DE SONS

Actividade de discriminación auditiva deseñada e desenvolvida por Bárbara, que está a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.



Bárbara presentounos unha actividade moi completa, onde distintos animais mariños escondían xogos de audición cos que traballamos a discriminación, asociación, atención e memoria auditiva.

11 feb 2014

LIMPANDO O NARIZ

Como todos os cursos, na aula de 3 anos, traballamos a maneira correcta de limpar o nariz.


A hixiene nasal é necesaria para ter unha boa respiración e para previr problemas na gorxa, oídos e cordas vocais.


Despois de soarnos, comprobamos se o nariz quedou limpa coa axuda dun pequeno espello. O colocamos baixo o nariz e espiramos suavemente, co aire que sae o espello embázase.


Desta maneira vivenciamos a espiración nasal, necesaria para aprender a soar os mocos autonomamente.

8 feb 2014

RINGO

Actividade de fonética e fonoloxía deseñada e desenvolvida por Bárbara e Patricia, que está a levar a cabo, no Taller de Linguaxe Oral, o PRÁCTICUM do MÁSTER UNIVERSITARIO EN ESTUDOS AVANZADOS SOBRE A LINGUAXE, A COMUNICACIÓN E AS SÚAS PATOLOXÍAS.


Neste bingo do "R" temos que atender aos noso cartóns e ir quitando as tarxetas dos debuxos que van saíndo. O equipo que quite todas, fai... RINGO!

3 feb 2014

PESCA CON PALLIÑA

Xogo deseñado para o traballo da succión.


Coa axuda dunha palliña intentamos pescar algun peixiño de papel, aspirando por ela.



Temos que intentar sacalo do mar e deixalo na caixiña sen que caia.


Mirade que ben se nos dá esta nova arte de pesca!

1 feb 2014