27 mar 2014

QUE CAMBIOU?

Actividade deseñada para o traballo da atención, memoria e vocabulario específico do proxecto.




25 mar 2014

ANATOMÍA DA LINGUAXE EN RA

Empregando o programa AUMENTATY visualizamos, en REALIDADE AUMENTADA, os órganos que interveñen na linguaxe oral: boca, nariz e oídos.



Puidendo ver a anatomía destos órganos quedounos máis claro a importancia de soar ben os mocos, de non berrar nos oídos dos demais, de non respirar pola boca...


22 mar 2014

QUE SE ESCONDE?

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención e vocabulario específico do proxecto.


Detrás dunhas ventaniñas de cores atópase escondido algo relativo ao mar.


Destapando unha delas e observando o pequeno anaco que aparece, temos que averiguar que é o que se esconde.


Abrímolas todas e descubrimos se acertamos.



13 mar 2014

MARIA MANUELA

Este é o título do poema de Goria Sánchez que as nosas mulleres nos leron diante do cadro das MARISCADORAS de SEOANE, nas POÉTICAS NO MUSEO.


Despois desta visita ao Museo de Belas Artes, no Taller de Linguaxe Oral, descubrimos que MAMÁ CABRA musicou este fermoso poema.


Así que traballamos buscando a letra da canción no álbum, falamos do que dicía, buscamos o número da canción na carátula do CD e escoitamos o tema.



Para rematar buscamos no texto palabras significativas.



)

10 mar 2014

O CANGREXO REXO

Actividade SMART deseñada para o traballo das praxias bucofaciais.


Desta vez axúdanos un novo amigo, O CANGREXO REXO, que nos propón xogar cos dados e buscar o número da tirada. Premendo no número, o cangrexo móstranos unha praxia que nós imitaremos.




8 mar 2014

ANANIÑO

Esta semana, o ANANIÑO trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB, no que tiñamos que clasificar palabras atendendo a súa métrica.



Con esta actividade reforzamos a conciencia silábica, necesaria para solucionar ou previr dificultades da fala e de lectoescritura.
A conciencia fonolóxica é a capacidade para manipular e reflexionar sobre os propios sons da fala. 
Divídese normalmente en tres aspectos:
1. Conciencia Léxica, referida á división da fala en unidades máis pequenas que son as palabras.
2. Conciencia Silábica, donde a unidade de traballo é a sílaba.
3. Conciencia Fonética, referida á unidade mínima da fala, o fonema.


E para rematar, un video da canción que temos que cantarlle ao ANANIÑO para que saia da bolsa de Aida e nos ensine o xogo que nos trae.

6 mar 2014

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA CO BEEBOT

Xogo deseñado para o traballo da atención e discriminación auditiva mediante a iniciación na robótica, empregando o BEEBOT.


Un compañeiro (sen nós velo) toca un instrumento musical que debemos averiguar e localizar no tapete de xogo.


Unha vez localizado o instrumento que soou, dámoslle ao BEEBOT as ordes necesarias para que vaia xunto a el.


Encántanos xogar co BEEBOT!