25 abr 2014

QUE RIMA?

Hoxe o ANANIÑO trouxo no seu lápiz USB un xogo, no que tiñamos que atopar palabras que riman.



Con esta actividade traballamos a discriminación fonética e fonolóxica identificando as palabras que rematan cos mesmos sons.



22 abr 2014

BITS DOS 7MARES 12


QUE SOA? SONS DO MAR

Actividade SMART deseñada para o traballo da discriminación auditiva.


Detrás dun fondo de cor está escondido algo relacionado co mar que teremos que adiviñar polo seu son.


Unha vez o sabemos, borramos a cor para comprobar se acertamos.



2 abr 2014

CAL É?

A actividade de atención de hoxe estivo dedicada ao LIBRO INFANTIL.


Visualizamos por uns segundos portadas de libros infantís, que están a nosa disposición na biblioBN, e despois tentamos recordar portada e título entre varias opcións.


Con esta actividade traballamos a atención e a memoria visual e auditiva.


Para rematar esta homenaxe ao libro, estreamos o videoclip "O LIBRO", realizado no Taller TIC para festexar o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.