28 nov 2014

XOGAMOS COS OFICIOS

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención, razoamento verbal e vocabulario específico do proxecto.



Xogamos a seleccionar, entre unha serie de obxectos, os propios de cada oficio.


Nesta actividade empregáronse pictogramas ARASAAC.


21 nov 2014

VISITA DO ANANIÑO

Esta semana recibimos a visita do ANANIÑO no Taller de Linguaxe Oral, co que traballamos a discriminación e pronuncia dos sons do idioma, xa sexa illados ou ben dentro das palabras.


Na aula de 5 anos trouxo un xogo SMART no seu lápiz USB, co que traballamos coa sílaba tónica en palabras bisílabas.



15 nov 2014

TOMA CASTAÑA

Na semana do Magosto, no Taller de Linguaxe Oral, traballamos a motricidade e tonicidade bucofacial con castañas.


Coa axuda dunha culler levamos, sen mans, a castaña a un compañeiro/a.


Non podemos tocar a culler e non se pode caer a castaña!


Toma castaña!


11 nov 2014

XOGO DOS NOMES

Actividade LIM de elaboración propia deseñada para traballar e xogar cos nomes na aula de 3 anos.

7 nov 2014

QUE SOA? VEHÍCULOS

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención e discriminación auditiva.


 Detrás dun fondo de cor está escondido un vehículo que teremos que adiviñar polo seu son.



 Unha vez o sabemos, borramos a cor para comprobar se acertamos.