28 nov 2015

SONS OLÍMPICOS

Actividade SMART deseñada para o traballo da atención, discriminación auditiva e vocabulario específico do proxecto.


Detrás dun fondo de cor está escondido o pictograma dun deporte olímpico que teremos que adiviñar polo seu son.





21 nov 2015

PRAXIAS DO MAGOSTO

Coa axuda dunha CASTAÑA realizamos exercicios cos órganos bucofonatorios que nos axudan a mellorar a vocalización e pronuncia.


Poñémoslle unha boca á CASTAÑA e a imitamos colocando os beizos, lingua, dentes e meixelas coma ela.




6 nov 2015

ATOPA O INTRUSO NO SAMAÍN




Actividade deseñada para o traballo da atención, vocabulario específico do SAMAÍN, razoamento e expresión oral.