19 nov 2016

INICIAIS EN 3D

Na Aula de A.L. xa estreamos a Impresora 3D da biblioBN e o fixemos con algo tan significativo como as nosas iniciais.



Unha vez impresas as levamos para casa para explicarlle a nosa familia como as fixemos.



16 nov 2016

QUE EMPEZA POR...

Na Aula de A.L. gustounos tanto a App "TinyTap" que elaboramos con ela outro xogo para traballar a fonética e a conciencia fonolóxica.




Imaxes extraídas de:
http://logopediadinamicaydivertida.blogspot.com.es/



Sons das letras:
voces do alumnado que asiste á Aula de A.L.



Para xogar nun dispositivo móbil podedes descargar "TinyTap" en:



Despois buscamos no menú da App o nome do xogo: QUÉ EMPIEZA POR...


2 nov 2016

O ESCORNABOT NO SAMAÍN

Na Aula de A.L. festexamos o Samaín cunha actividade de discriminación auditiva co ESCORNABOT.


Comezamos na casiña de saída localizando o Código QR co número 1. Levamos a el o Escornabot e o chegar escaneamos o QR co IPAD.


O QR levaranos a un video que reproducirá un son de medo. Buscamos a imaxe correspondente a ese son e levamos alí o Escornabot.


Buscamos o seguinte número e repetimos o proceso ata percorrelos todos.



Os Códigos QR do panel de xogo foron elaborados con UNITAG.



24 oct 2016

ESCORNAXOGO

Xogo elaborado polo alumnado que asiste á Aula de A.L. empregando a App "TinyTap".




Tamén podedes xogar nun dispositivo móbil instalando a App e buscando no menú a palabra ESCORNAXOGO.



14 oct 2016

CROCODILO

Na Aula de A.L. tamén empregamos o ESCORNABOT para dinamizar contos.




Desta vez tocoulle a CROCODILO da Ed. Kalandraka, que sempre foi un éxito nesta aula.



Despois da lectura do conto imos sacando as tarxetas das cores na orde na que aparecen. 
Poñémoslle a tarxeta da cor ao escornabot, que terá que levala á ilustración coa que se fai a rima, tal como escoitamos no conto:
Verde - O crocodilo que se perde
Azul - Baúl
Amarelo - Castelo
Negra- Pedra
Morado - Tellado
Laranxa - Granxa
Vermelliño - Piolliño

Comezamos na casiña da portada e rematamos na contraportada.




Panel de xogo


Tarxetas das cores elaboradas con pictos ARASAAC

13 oct 2016

CREANDO UN XOGO CO TINYTAP

Na Aula de A.L. andamos a crear un xogo no Ipad coa App "TinyTap".




Creamos as actividades do xogo, fotografamos, engadimos o contido e gravamos as nosas voces.


No proceso de creación traballamos a lectoescritura, conceptos matemáticos, espaciais, temporais, lóxicos, vocabulario, vocalización, pronunciación, atención, memoria, razoamento... e un looooongo etcétera!



Que ben o imos pasar cando o rematemos e podamos xogar cun xogo feito por nós mesmos/as.


Se queredes probar esta App e crear algún xogo novo, podedes descargar "TinyTap" en calquera dispositivo móbil:


10 oct 2016

NÚMEROS E FORMAS EN REALIDADE AUMENTADA

Seguimos co traballo no Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar, desta vez xogando cos números e as formas.



Para este xogo empregamos o escornabot, un panel e un Ipad (no que temos instalada a app AURASMA).

                           

Para comezar colocamos o escornabot na casiña de saída. Localizamos o número 1 no panel e levamos alí o escornabot. Unha vez que chegamos escaneamos o número co Aurasma e veremos un obxecto en Realidade Aumentada. Teremos que dicir que forma ten este obxecto e levar o escornabot a esa forma.


Continuamos localizando os sucesivos números en orde e repetindo o proceso ata escanealos todos.





Panel de xogo


11 sept 2016

24 jun 2016

DISCRIMINACIÓN FONÉTICA E CONCIENCIA FONOLÓXICA

Xogamos co ESCORNABOT a identificar fonemas en palabras. Desta vez traballamos a discriminación s/z e as sílabas trabadas. 



O panel consta de sílabas cos fonemas a traballar. Temos que levar o ESCORNABOT á sílaba coa que comeza cada palabra.



Panel en branco para colocar os fonemas a traballar.



21 jun 2016

10 DEDOS

Fantástica APP de IPAD para traballar os números e a cantidade cos nosos dedos.

 

Descarga



Tarxetas elaboradas con pictos ARASAAC.



17 jun 2016

XOGANDO COS NOMES

Xogando cos nomes aprendemos a identificar o noso nome e os dos/as nosos/as compañeiros/as e a recoñecer as letras e os seus sons.



E se ademais empregamos o ESCORNABOT a diversión, a atención e a aprendizaxe aumentan.