24 jun 2016

DISCRIMINACIÓN FONÉTICA E CONCIENCIA FONOLÓXICA

Xogamos co ESCORNABOT a identificar fonemas en palabras. Desta vez traballamos a discriminación s/z e as sílabas trabadas. 



O panel consta de sílabas cos fonemas a traballar. Temos que levar o ESCORNABOT á sílaba coa que comeza cada palabra.



Panel en branco para colocar os fonemas a traballar.



21 jun 2016

10 DEDOS

Fantástica APP de IPAD para traballar os números e a cantidade cos nosos dedos.

 

Descarga



Tarxetas elaboradas con pictos ARASAAC.



17 jun 2016

XOGANDO COS NOMES

Xogando cos nomes aprendemos a identificar o noso nome e os dos/as nosos/as compañeiros/as e a recoñecer as letras e os seus sons.



E se ademais empregamos o ESCORNABOT a diversión, a atención e a aprendizaxe aumentan.




16 jun 2016

NOVA ADQUISICIÓN PARA A AULA DE A.L.

Grazas ao Proxecto Arteixo Innovación acabamos de adquirir un IPAD en exclusiva para a Aula de A.L. que será empregado para a atención á diversidade.




Cantas cousas imos facer con el!!!! 
Xa o estreamos, non puidemos agardar ao vindeiro curso.



13 jun 2016

CATEGORÍAS SEMÁNTICAS

Na Aula de A.L. seguimos co Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolartraballando a adquisición de vocabulario e as categorías semánticas coa axuda do ESCORNABOT.



Tiramos o dado, que nos indica a categoría semántica (animais, froitas, instrumentos musicais, prendas de vestir...), buscamos no panel unha palabra de dita categoría e alí levamos ao ESCORNABOT.


Paneis e dado elaborados con pictos ARASAAC.


8 jun 2016

ESQUEMA CORPORAL

Na Aula de A.L. traballamos o esquema corporal compoñendo os crebacabezas das nosas caras e das dos nosos/as compañeiros/as no IPAD.