24 oct 2016

ESCORNAXOGO

Xogo elaborado polo alumnado que asiste á Aula de A.L. empregando a App "TinyTap".




Tamén podedes xogar nun dispositivo móbil instalando a App e buscando no menú a palabra ESCORNAXOGO.



14 oct 2016

CROCODILO

Na Aula de A.L. tamén empregamos o ESCORNABOT para dinamizar contos.




Desta vez tocoulle a CROCODILO da Ed. Kalandraka, que sempre foi un éxito nesta aula.



Despois da lectura do conto imos sacando as tarxetas das cores na orde na que aparecen. 
Poñémoslle a tarxeta da cor ao escornabot, que terá que levala á ilustración coa que se fai a rima, tal como escoitamos no conto:
Verde - O crocodilo que se perde
Azul - Baúl
Amarelo - Castelo
Negra- Pedra
Morado - Tellado
Laranxa - Granxa
Vermelliño - Piolliño

Comezamos na casiña da portada e rematamos na contraportada.




Panel de xogo


Tarxetas das cores elaboradas con pictos ARASAAC

13 oct 2016

CREANDO UN XOGO CO TINYTAP

Na Aula de A.L. andamos a crear un xogo no Ipad coa App "TinyTap".




Creamos as actividades do xogo, fotografamos, engadimos o contido e gravamos as nosas voces.


No proceso de creación traballamos a lectoescritura, conceptos matemáticos, espaciais, temporais, lóxicos, vocabulario, vocalización, pronunciación, atención, memoria, razoamento... e un looooongo etcétera!



Que ben o imos pasar cando o rematemos e podamos xogar cun xogo feito por nós mesmos/as.


Se queredes probar esta App e crear algún xogo novo, podedes descargar "TinyTap" en calquera dispositivo móbil:


10 oct 2016

NÚMEROS E FORMAS EN REALIDADE AUMENTADA

Seguimos co traballo no Proxecto Escornabots na Biblioteca Escolar, desta vez xogando cos números e as formas.



Para este xogo empregamos o escornabot, un panel e un Ipad (no que temos instalada a app AURASMA).

                           

Para comezar colocamos o escornabot na casiña de saída. Localizamos o número 1 no panel e levamos alí o escornabot. Unha vez que chegamos escaneamos o número co Aurasma e veremos un obxecto en Realidade Aumentada. Teremos que dicir que forma ten este obxecto e levar o escornabot a esa forma.


Continuamos localizando os sucesivos números en orde e repetindo o proceso ata escanealos todos.





Panel de xogo